Ocasión perdida

Ocasión perdida
28 de Setembro, 2026 - 01:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non puido puntuar o Perlío B o domingo en Neda, nun partido que se presentaba igualado. Rápido de Neda 3 - 2 Perlío B.  “Unha ocasión perdida”, lamenta o adestrador Rafael Afonso.

ESCOITA O PODCAST:

“Son uns puntos que deixamos escapar que van ser necesarios ao final da Liga”, declarou a Radio Fene o técnico do Perlío B. Samuel marcou os dous tantos para o Perlío B nun partido no que os locais foron sempre por diante no marcador. “Afrontar o partido desde o minuto un non esperar un golpe para reaccionar, non conceder. Se nos meten gol que sexa por acerto do rival non por fallo noso”, é a lección que debe aprender o equipo logo deste partido. 

Deportes

Publica o teu comentario agora