ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non puido sumar o Perlío feminino nas Pontes. Na Terceira Galicia As Pontes 3-1 Perlío. Analizamos o partido co adestrador Rafa Afonso. “Sen facer un gran partido tivemos ocasións que, se tiveramos máis puntería ou sorte, o resultado puido ter sido distinto”
Todos os goles marcáronse na segunda metade. O Perlío estivo acurralado os primeiros 20 minutos ata que un disparo ao pau de Noa foi o punto de inflexión. Aínda así o partido chegou ao descanso con empate a 0. Rafa Afonso, eloxia o esforzo do seu equipo. “Non teño pega en ningún partido, aínda que estamos nunha dinámica mala de resultados e iso lastra un pouquiño, pero en canto veña un agasallo en forma de puntos retomarase todo de novo”, apunta o técnico. Sobre as rivais recoñece que “teñen moi bo equipo, van xustas de efectivos, pero contan con doce ou trece xogadoras de calidade”.
Publica o teu comentario agora