Ocio ou saúde

Son necesarios os ximnasios?
16 de Novembro, 2020 - 10:43 h. | Publicada por Radio Fene

Os ximnasios deberían considerarse centros de actividade esencial sempre que se adapten ás normas sanitarias vixentes. A saúde físita e mental depende para moitas persoas en boa parte de manter a rutina da actividade física.

ESCOITA O PODCAST:

“Un ximnasio non é un lugar de ocio. Non se nos considera unha actividade esencial e eu penso que si o é porque está moi relacionado coa saúde” Contundente se mostra José Marcos, preparador físico e propietario do ximnasio Fitness Fene, que se viu obrigado a adaptarse ás novas normas decretadas pola crise sanitaria. Neste momento non poden desenvolver as clases colectivas e vénse obrigados a adaptar programas individuais para que as persoas non deixen de facer actividade física. “O importante é seguir e adaptarse, non queda outra” mantendo as distancias e utilizando as mascarillas. Isto último é o que máis custou pero vanse adaptando. As normas no ximnasio son rigorosas, como a limpeza constante da maquinaria, pero non se baixa a garda.

A xente habituada a facer exercicio pode padecer perda de facultades físicas e mentais porque o deporte é un antidepresivo natural. Os argumentos son incontestables porque o exercicio físico comporta moitos beneficios a nivel cárdio- vascular, a nivel músculo- esquelético e a nivel inmunitario, porque reforza as defensas. Deixalo de repente, como o correu no confinamento, pode comportar certos riscos como caer no sedentarismo e arrastrar consecuentemente problemas de aumento de peso ou diabetes, afirma José Marcos.

 

(Imaxe do ximnasio Fitness Fene)

Deportes

Publica o teu comentario agora