Ofeitoaman, un clásico do Nadal en Vigo

Ofeitoaman, un clásico do Nadal en Vigo

19 de Decembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Dende o 20 de decembro ata o 5 de xaneiro poderáse visitar a feira que, probablemente, é a máis antiga da cidade de Vigo, cunha primeira edición celebrada en 1985 e que, dende entón, recorreu varias ubicacións na cidade. Xa fai moitos anos que Ofeitoaman é un clásico do Nadal en Vigo, visitado por xeracións de vigueses que consideran esta feira como unha alternativa saudable e atractiva para mercar os seus agasallos.

Regalos auténticos, é o lema que Ofeitoaman emprega dende hai anos, para destacar que os productos que se expoñen na feira están todos eles feitos en obradoiros arte sáns, e que os seus autores son os que os venden directamente. Autenticidade sen ningunha dúbida, garantía de orixe baixo a marca oficial da Artesanía de Galicia.

Ofeitoaman está montada no exterior do Centro Comercial A Laxe, frente a Estación Marítima de Trasatlánticos de Vigo, en casetas con cuberta frontal que permite a visita ainda no caso e choiva. Acollerá a 24 expositores, todos eles galegos excepto un que chega de Portugal e outro de Extremadura. Varios expositores participan por primeira vez na feira. Ademáis os visitantes contan ca ventaxa de que o aparcamento do Centro Comercial A Laxe ofrece a primeira hora gratuita.

Ofeitoaman forma parte das accións de promoción máis importantes da Artesanía de Galicia, e conta co apoio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño que depende da Xunta de Galicia.

Sociedade