ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene pon a punto a súa oferta turística. Semana a semana medra a cifra de peregrinos que pasan por aquí en dirección a Compostela. Eles son os principais usuarios da Oficina Municipal de Turismo que está xa en funcionamento, segundo declarou a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, que tamén avanzou novidades sobre o Concurso de Tapas. O xurado reúnese o mércores pola tarde para deliberar e a entrega e premios será o venres, ás 11 horas.
A Oficina de Turismo de Fene reabre as súas portas. Situada no número 52 da Avenida Naturais contará con servizo de atención ao público ata o 9 de outubro en horario de luns a venres de 8.30h a 15.30h. Facilitará aos visitantes información sobre os recursos, servizos e actividades no concello, así como do Xeodestino e da provincia da Coruña. Este servizo de atención a visitantes de Fene está co-financiado pola área de Turismo da Deputación da Coruña. Ademais, o Concello de Fene participará con stand propio no Primavera no Camiño e tamén en Equiocio 2024.
Publica o teu comentario agora