Ofertas para renovar o PXOM de Fene

Ofertas para renovar o PXOM de Fene
02 de Xullo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene avanza no plan de traballo para dotar ao termo municipal dunha nova normativa urbanística. O concelleiro de Urbanismo, Manuel Polo, informou en Radio Fene da marcha do procedemento.

ESCOITA O PODCAST:

Dous estudos de arquitectura da provincia aspiran a redactar o novo documento do Plan Xeral de Urbanismo, indicou o concelleiro de Urbanismo. Presentaron as súas ofertas ao contrato que sacou a licitación o Concello de Fene con un prazo total de execución de catro anos, cunha posible prórroga dun ano máis, e con un orzamento base de licitación de 272.435,05 euros, IVE incluído.  A elección farase tendo en conta a calidade das propostas técnicas, que ten un 70% do peso na decisión, e as económicas que supoñen o 30% restante.  O seguinte paso será a creación dun comité de expertos que será o encargado de facer a avaliación das propostas técnicas presentadas.  Unha vez adxudicados os traballos, a empresa seleccionada terá que facer un borrador “para min é o máis importante porque é a base, ten que marcar o trazo groso, se aí se marcan ben as directrices despois o documento vai ser coherente, ten que atender as necesidades actuais cunha perspectiva de futuro sobre que tipo de desenvolvemento queremos para Fene”, destacou Manuel Polo.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora