ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Despois dun mes de novembro no que descendeu a 555 a cifra de persoas do municipio que están no paro, o Concello de Fene pon en marcha novos programas de fomento de emprego. “Alégranos moito dar á veciñanza a posibilidade de abrir novas portas ensinando un oficio con futuro”, di a concelleira de Emprego e Formación, Cristina García Moroño.
O Concello de Fene apoia o acceso a un posto de traballo facilitando formación a colectivos con máis dificultades para acceder ao emprego. Neste mes de decembro comezan novas iniciativas de formación para facilitar o acceso ao mercado laboral. Mulleres desempregadas poderán participar nunha nova edición do programa integrado de emprego que conta con 100 prazas para os concellos de Fene, Cedeira, Valdoviño, Narón, Neda, Cabanas, Ares ou Mugardos. As mulleres interesadas poden solicitar información na área de Formación e Emprego.
Reinicia
Tamén este mes finaliza a décima edición do programa Reinicia e dará comezo unha nova edición, con oferta de cursos en dúas especialidades con moita demanda de traballadores, carpintería e atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións. “Hai 20 prazas e 10 son para Fene”, destacou a concelleira.
Publica o teu comentario agora