Oitenta anos do incendio do hospital

Oitenta anos do incendio do hospital
18 de Febreiro, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Oitenta anos do incendio do hospital militar da Coruña, na actualidade hospital Abente e Lago do SERGAS. O sinistro aconteceu na mañá do 13 de febreiro de 1946. O lume orixinouse por un curtocircuíto e destruíu completamente o edificio situado fronte ao xardín de San Carlos. Trasladouse ás duascentas persoas enfermas que estaban internadas no hospital e non houbo desgracias persoais. Os danos foron moi importantes nun hospital edificado en 1860 no mesmo lugar que ocupara o Hospital Municipal do Bo Suceso, fundado a finais do século XVI. 

O escriban da Audiencia Ares González doa polo seu testamento 800 ducados para que se construíra unha casa onde se recollese a xente enferma sen recursos. Despois do incendio de 1946, edificouse o actual hospital, agora denominado Abente e Lago en lembranza do médico Ezequiel Abente e Lago falecido en 1923.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora