Oito anos de vida

Oito anos de vida
14 de Abril, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Ata 200 persoas poden reunirse na xornada do Grupo 24 Alcohólicos Anónimos que conmemora o seu oitavo aniversario. Unha xuntanza aberta a todas as persoas que queiran asistir para dar a coñecer á súa actividade, da que avanzaron detalles  en Radio Fene Miguel e María José.

ESCOITA O PODCAST:

Celebran a vida nesa xuntanza. “No meu caso son horas regaladas”, di María José, que lembra as orixes do Grupo. Creado en Ferrolterra hai oito anos por un compañeiro que comezara no Grupo da Coruña. As persoas usuarias do Grupo de Ferrolterra estarán arroupadas tamén polas súas familias e por compañeiros doutros grupos de España e Portugal, destacou Miguel. A cita é o sábado 27 de abril, a partir das 12, no pavillón de Santa Mariña, en Ferrol.

Sociedade

Publica o teu comentario agora