Oito contos e unha traxedia

Oito contos e unha traxedia
18 de Novembro, 2022 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

“O estraño caso da bicicleta amarela. Oito contos e unha traxedia”. Henrique Dacosta é o noso convidado este venres, no Club de Lectura de Radio Fene. Falaranos do seu último libro

 

ESCOITA O PODCAST:

“Non creo que sexa un estilo moi diferente ao que levo empregado noutras ocasións”, explica o autor respecto da confianza coa que o narrador dialoga coa persoa lectora.“Hai moitos elementos que teñen que ver coa infancia, unha certa nostalxia, sen ser enfermiza, polo pasado, esa patria do ser humano da que falaba Rilke”, detalla. Na obra, publicada pola editorial Belagua, ten protagonismo o mundo da pesca, con escenarios en Ferrol e unha batalla contra un robalo moi grande. Unha loita que evoca a narrada por Ernest Hemingway. “Trata da porfía, creo que si ten que ver”, opina o autor. Ferrol e a fábrica de lapis, pero tamén a pesca do bacallau e  Terranova aparecen nos relatos dunha obra que remata en Cuba, cunha peza teatral dramática e cómica, ambientada no magnífico cemiterio de Colón da Habana que acolle os restos de tantos emigrantes de Galicia.

Cultura

Publica o teu comentario agora