ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Oiuse o cuco, fáltanlle as calzas". Avisanme de Triacastela que esta mañá oiron cantar o cuco. Segundo o refrán utilizado nesa localidade, agora faltan as "calzas". Chámanlle así ás nevaradas que se agardan neste mes de abril. Lembrámonos de Álvaro Cunqueiro e de Germain Nouveau, dous literatos que pararon en Triacastela, camiño de Santiago. Dicia o de Mondoñedo do francés: "Da súa boca sairon en concertadas palabras, un milleiro de trementes ordes ao mundo; tal é a misión do poeta. Andou os vellos camiños que coseron as terras e os corazóns de antano, e sen os cales Europa -é dicir a liberdade- non é posibel".
"Eu imaxino a Germain Nouveau, coas súas ás, púrpura e ouro, abandonando baixo a choiva, Triacastela, camiño de Santiago, dialogando co áspero camiño na mañá fría. Cun camiño que contén en sí todas as cousas , e seu é o don de linguas".
Cunqueiro falaba tamén do cuco como un dos feitos máis noticiables en Galicia. «Pasado mañana, por ejemplo, se echa a dormir el cuco en el escondite que se ha buscado. [...] es otra realidad diferente, y sin duda perfectamente noticiable. Si yo fuese director de El Progreso, querido don Puro, daría la noticia en primera plana el martes 1: “Se durmió el cuco”. Y el cuco no dejaría mentir a El Progreso» (El Progreso, 1/11/60). En canto poidamos, volveremos a Triacastela, oir o cuco e visitar ás pousadas nas que pararon Germain Nouveau e Álvaro Cunqueiro.
Publica o teu comentario agora