Ollo ás estafas

Ollo ás estafas
29 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Multiplícanse as alertas cadrando co Black Friday e o comezo das compras de Nadal sobre o aumento das ciberestafas. Os estafadores están especialmente activos nestas datas. Para evitalos, Iago Varela deixou consellos no espazo Cultura Tecno de Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Os estafadores adoitan xerar medo ou sensación de urxencia, para obrigarnos a tomar decisións rápido, sen pensar moito”, avisa Iago Varela. As estafas telefónicas están en auxe porque combinan tecnoloxías avanzadas e tácticas psicolóxicas, empregan técnicas como suplantar números de confianza, explica o especialista en contidos dixitais. “O máis importante, non compartir contrasinais ou códigos, evitar facer click se non estamos seguros da procedencia da mensaxe e activar a dobre verificación nas nosas aplicacións”, son recomendacións para aumentar a nosa seguridade. 



 

Sociedade

Publica o teu comentario agora