ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A procesionaria é unha eiruga moi perigosa para os cans. Este ano parece que se adiantou a súa aparición. A veterinaria etóloga Noemí Graña advertiu en Radio Fene sobre o risco de pasear aos cans por zonas con piñeiros.

“Son moi perigosas, causan alerxias brutais que poden producir asfixia e ata provocar a morte”, explica Noemí Graña. A época da procesionaria do piñeiro adoita ser máis adiante, en febreiro ou marzo, pero este ano seica se adiantou, por iso Noemí recomenda evitar os paseos por zonas de piñeirais.
Bolas de pelo
Outro perigo, neste caso para os gatos, é tragar bolas de pelo. “Pode provocar unha obstrución intestinal”. A mellor prevención, cepillarlles o pelo con frecuencia, tamén é aconsellable darlles malta ou piensos especiais que facilitan o tránsito intestinal.
Publica o teu comentario agora