Once cartóns amarelos

Once cartóns amarelos

17 de Outubro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por

Once cartóns amarelos nun partido que non veu unha soa patada. Ese é o resumo do directivo do Cultural Maniños Alfredo Fernández do choque fronte ao Victoria na Coruña. Victoria 3 Maniños 1. Derrota no encontro da Primeira Autonómica de fútbol disputado no campo de Agrela.

O Victoria adiantouse no marcador e controlaba o partido demostrando ser un gran candidato serio ao título de Liga. Nunha xogada a balón parado un defensa do Victoria agarrou a un dianteiro visitante e o arbitro pitou penalty. “Lances como ese hai cen en cada xornada, e noventa e nove non se pitan” recoñece o directivo do Maniños. No descanso, xa no tunel de vestiarios, os xogadores locais e o delegado protestaron airadamente ao colexiado, quen se descentrou e se convertiu no protagonista da segunda metade do encontro. “O segundo gol chega despois de que o balón saira moi claramente do campo” indicou Alfredo Fernández quen suliña que o Maniños “fixo un partido serio e estivo ben plantado no campo, pero hai que ter en conta a magnitude do rival”.

Deportes