Once concellos de Ferrol, Eume e Ortegal recibirán máis dun millón de euros co canon eólico

Once concellos de Ferrol, Eume e Ortegal recibirán máis dun millón de euros co canon eólico

11 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O novo canon eólico da Xunta deixará nos concellos da zona máis de 1200000 euros. As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal beneficiaranse do novo canon que terán que pagar as empresas que exploten parques eólicos. A cantidade a pagar en cada parque eólico depende do número de areroxeradores que posúa. Calcúlase que por cada aeroxerador a empresa que xentiona o parque terá que pagar unha media de 3000 euros, en dependendo do número tot

Once concellos da zona recibirán maís de 1.200.000 euros grazas ó canon eólico. A cuantía dos ingresos dependerá das dimensións do parque eólico, e é que dependendo do número de aeroxeradores, a empresa xestionaria do parque terá que ingresar cantidades diferentes. Os parques que teñan máis de catro máquinas pagarán por cada unha delas 2.300 euros, un parque entre 8 e 15, 4.100 euros e aqueles que posúan máis de 15 deberán aboar 5.900 euros por cada un dos aeroxeradores. Nas tres bisbarras a día de hoxe hai 618 muíños, que aportarán uns ingresos de case un millón de euros. Os 200000 restantes proceden das conexións eléctricas. Para algúns sectores, estas medidas recadatorias carecen de fundamento xurídico, xa que o gravame será aplicado tamén a todos aqueles parques postos en funcionamento antes da entrada en vigor do canon. Para a Asociación Profesional Eólica a medida é discriminatoria porque trata a enerxía eólica como se fose a única que tivese un impacto sobre o medio paisaxístico.

Institucional