Once entidades veciñais asinan co concello un convenio de colaboración para participar no desenvolvemento do proxecto Marisma

Once entidades veciñais asinan co concello un convenio de colaboración para participar no desenvolvemento do proxecto Marisma

27 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Este convenio, asinado entre os colectivos e o goberno local, busca que as asociacións veciñais e culturais participen no seguimento e avaliación do proxecto de rexeneración da zona.

O proxecto Marisma contempla a recuperación da desembocadura do Alvedosa coa construcción dun paseo de madeira sobre pilotes que irá dende a depuradora de Santa mariña ata Punta Socorro na Portela así como o restablecemento da canle natural do río Pexegueiro coa eliminación dos muros de pedra do tramo final.

Asemade contémplanse outras actuación como o saneamento dende o campo de fútbol de Santa Mariña, a rehabilitación do pavillón de deportes e a creación dun centro de formación permanente e unha aula telemática no antigo ximnasio ademais da posta en marcha duna rede wifi en centros sociais, culturais e arredores do río pexegueiro.

No acto participaron os presidentes do Círculo de Cesantes; Sociedade Labrego Cultural de Reboreda; a Asociación Cultural e Deportiva “O Picoto” con sede en Cidadelle; Centro Cultural de Vilar de Infesta;  Centro Social de San Vicente de Trasmañó e as asociacións de veciños de Vilar de Infesta, Ventosela, Reboreda, San Esteban de Negros, Soutoxusto e Cabeiro.

 

Sociedade