Onda ODS, radios co desenvolvemento sustentable

Onda ODS, radios co desenvolvemento sustentable
15 de Setembro, 2022 - 12:31 h. | Publicada por Radio Fene

Onda ODS, o proxecto que poñen en pé máis de 300 emisoras comunitarias e municipais de todo o Estado, botou andar este xoves con un programa emitido en directo desde o Castelo de Santa Cruz, no concello de Oleiros. Este escenario, polo que pasaron durante a mañá diversos protagonistas para falar sobre problemas asociados ao medio ambiente e ao despoboamento do rural, é onde ten a súa sede o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

ESCOITA O PODCAST:
Imaxe Onda ODS Castelo Santa Cruz

O proxecto Onda ODS estreouse con un programa radiofónico conducido por Susana Falcón, de Radiofusión, e Pablo García, de Radio A Estrada, que durante dúas horas entrevistaron a distintos convidados, entre eles o director do CEIDA, Carlos Vales. Tamén interveu no programa Henrique Sanfiz, director de Radio Fene. Foi o punto de partida dunha iniciativa na que xuntan esforzos máis de 300 emisoras comunitarias e municipais de todo o Estado, entre elas Radio Fene. Todas co obxectivo común de desenvolver unha estratexia de comunicación que fomente a reflexión na audiencia e sensibilice á cidadanía respecto dos obxectivos de desenvolvemento sustentable recollidos pola ONU na súa Axenda 2030, os coñecidos como ODS.

A iniciativa na que aúnan os esforzos máis de 300 emisoras comunitarias e municipais de todo o Estado, incluída Radio Fene, ten por obxecto . O proxecto terá continuidade con outras accións entre as que figuran varios programas, algúns vídeos arredor de iniciativas dinamizadoras do medio rural que loitan contra o despoboamento do mesmo; e varios podcast que abordarán á desigualdade de xénero e ó cambio climático a través de exemplos reais. Parte deste material está xa dispoñible na web www.ondaods.org. Así mesmo, no marco do proxecto impartiranse tres cursos de podcast a mulleres, mocidade e responsables de entidades que impulsan procesos de transición ecolóxica no mundo rural.

A proposta está aberta á participación de todas as emisoras municipais e comunitarias galegas para que difundan as iniciativas concretas dos seus concellos e áreas de influencia a través dunha programación específica que se desenvolverá desde o vindeiro luns todos os dias as nove da mañá e as nove da noite. Máis exemplos. 

A cita de Onda ODS no Castelo de Santa Cruz de Oleiros serve tamén para promover a constitución dunha federación de asociacións de medios municipais e comunitarios, coa fin de aproveitar sinerxías para apoiar a programación local e colaborar na produción de espazos que poidan realizar conxuntamente Representantes de boa parte dos colectivos implicados no proxecto Onda ODS e de emisoras municipais de todo o Estado reuniranse ás cinco da tarde no centro cívico de Santa Cruz de Oleiros para abordar e debater o borrador dos seus estatutos, no que veñen traballando desde hai tempo.



 



 



 

Sociedade

Publica o teu comentario agora