Ondas con acento hawaiano

Ondas con acento hawaiano
02 de Xullo, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“En Hawai dicía que era de Pantín e todo o mundo sabía onde é”, relata Alberto Freire, creador e monitor da escola Beach Club Surf&Coffee de Valdoviño. O Pantín Classic cumpre 35 anos e converterase na capital do mundo do surf do 9 ao 17 de xullo.

ESCOITA O PODCAST:

“Estás en Australia e dis que surfeas en Pantín, que é a túa praia, e saben onde está. O Pantín Classic pon a Galicia en España e no mundo”. Logo de toda a súa vida adicada ao surf, Alberto Freire asegura que “O Pantín sempre é un éxito”. E máis, logo de dous anos de pandemia e restricións. Non haberá limitacións de aforo nun Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2022 que aspira a bater os récords de asistencia previos á pandemia coa implicación de toda a comarca. O creador e monitor da escola Beach Club Surf&Coffee destaca que “o Concello de Valdoviño puxo a disposición moitas prazas da aparcamento gratuíto coa axuda dos veciños que lles deixan as terras”.

Deportes

Publica o teu comentario agora