ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Quentando motores para a gran celebración do Entroido en Fene. Ambiente festivo esta mañá en Radio Fene por onde pasaron unha dama e un dálmata, que gardan un vago parecido con dúas funcionarias municipais, Yolanda e Merche. Andaban na busca dos cen dálmatas que lles escaparon.

A Cruella de Vil so lle quedou un dálmata. Os outros cen deben andar festexando o Entroido. Esta mañá andaron buscando neles pola Casa do Concello de Fene. Tamén se presentaron en Radio Fene onde non lles puidemos dar razón de onde se agachan os cans. O que si lles contamos é que a Orquestra Marbella arrufa-rá esta noite a verbena do Entroido de Fene. A partir das nove da noite na Praza Ramón Souto. No mesmo lugar, as seis da tarde festa para a rapazada coa Guagua. Lambetadas para nenos e nenas que se acheguen disfrazados. E para os condutores un aviso. A xefatura da Policía Local informa de que se prohibe estacionar e circular na avenida do Concello, dende as 15.30 horas desta tarde ata o remate das tarefas de limpeza o xoves 19 de febreiro.
Publica o teu comentario agora