Onde se agochan tódolos medos

Onde se agochan tódolos medos
22 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A noite ten un papel destacado no novo libro de Paula Carballeira. A escritora fenesa ven de publicar Trece avisos. Contos para ler pola noite. “Se os lemos polo día temos máis distraccións e relativizamos moito máis que pola noite”, asegura a autora desta obra editada por Xerais coa que falaremos este xoves no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

“Para min, o misterio da noite é o mellor momento para facerse grandes preguntas e descubrir. Polo día xa parece que che dan todo feito, xa tes unha rutina que cumprir, xa sabes o que tes que facer e pola noite estás un pouquiño máis fráxil, máis desprotexida. Na escuridade agóchanse tódolos medos. Como na escuridade nos privamos dun sentido fundamental para nós como é a vista pois os outros cobran moito protagonismo. Cando non ves e escoitas, imaxinas”. De todo o que as historias de Trece Avisos. Contos para ler pola noite fan voar a nosa imaxinación fálanos Paula Carballeira este xoves no clube de lectura de Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora