ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Esa é a pregunta que se fan os deputados socialistas que visitaron esta mañá este centro escolar o o Colexio Virxe do Mar. Os parlamentarios mantiveron esta mañá unha xuntanza cos concelleiros do PSOE naroneses. Achégaronse aos centros para coñecer de primeira man as carencias en dotacións e equipamentos co fin de presentar diferentes iniciativas encamiñadas a mellorar a dotación educativa de Narón.
O deputado do PSOE Xaquín Fernández Leiceaga destacou as grandes deficiencias dos dous centros de ensino, que precisan dunha reforma urxente. O colexio Virxe do Mar sofre o paso do tempo. Necesita unha reforma integral e o amaño do aillamento, pintado e arranxo das ventás. O de Ponte de Xubia require a ampliacións dos seus espazos. O voceiro socialista manifestou nos micrófonos de Radiofusión que as aulas son minúsculas, a sala de profesores atópase no pasillo e alumnado e profesorado conviven caseque encollidos nuns pequenos recunchos. Ademais o centro non conta con salón de actos. Resulta imperiosa a creación dun novo espazo deportivo e a ampliación do patio. A pesar do anexo que se construiu para a ubicación de novas clases “viven comprimidos e afogados”, segundo o parlamentario socialista. Van solicitar a creación dunha nova zona de aulas amplas alomenos para 25 alumnos e uns soportais na parte dianteira para que nenos e nenas poidan acceder ao ximnasio sen saír a fóra.
Ante isto presentarán a vindeira semana a través da deputada Beatriz Sestayo, varias propostas para demandar a ampliación do Ponte de Xubia. Descoñecen onde se empregaron os 100 mil euros orzamentados para a mellora deste centro. Estiman que a cantidade axeitada para lograr unha maior funcionalidade ascende ao millón de euros.