Opcións afianzadas

Opcións máis firmes
09 de Xaneiro, 2023 - 11:48 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío consolidou a primeira posición na Segunda Galicia de fútbol. O gol de Gabeiras no minuto cincuenta e seis permítelle ao equipo dos Pinares deixar a sete puntos ao San Sadurniño, cuarto na clasificación. Afiánzanse as súas opcións de pasar ao “play off” no que se xogará o ascenso de categoría.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita ao adestrador do Perlío Gonzalo Beceiro:

http://173.255.131.18/audio/090123BECEIRO.mp3

Fotografía Xan Xe

Onte domingo no campo dos Pinares, Perlío 1 - 0 San Sadurniño. Disque Messi manexa os partidos camiñando. Tamén o Perlío, á calada, vai gañando puntos nesta Segunda Galicia de fútbol. 

Na imaxe, Miguel Gabeiras, autor do gol diante do San Sadurniño.

Fotografía: Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora