Operación exitosa

Operación exitosa
21 de Novembro, 2023 - 02:44 h. | Publicada por Radio Fene

“Unha moi boa operación para o Concello”, felicitouse o alcalde de Fene, Juventino Trigo pola éxito da xestión que lle permitiu facerse cunha parcela de 2.200 metros a carón do río Cádavo, en Perlío. Nada máis conseguila, o Concello empezou limpar a zona que estaba pechada e abandonada, impedindo o acceso ao río onde se acumulaban vexetación e todo tipo de enseres. 

ESCOITA O PODCAST:

“O río estaba completamente cheo de todo tipo de enseres, rodas, bicicletas, sacos de escombros, madeiras…”, informa o rexedor. Ponse fin así ao seu estado de abandono. “Ata en tres ocasións fixemos informes e requerimentos por escritos á propiedade que non foron atendidos”. A parcela foille adxudicada ao Concello de Fene logo de varias poxas que quedaron desertas. Foran convocadas para compensar débeda contraída pola propiedade coa Deputación da Coruña. A urxencia era facerse con ela para limpar a zona. Despois decidirase a que proxectos se pode dedicar a zona que provisionalmente podería ser habilitada como aparcadoiro.Os traballos de limpeza, que rematarán nesta semana, van axudar a que o río teña máis fluidez para reducir o risco de inundacións. O alcalde agarda de que o resto de administración tamén tomen medidas. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora