ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Representantes de 19 operadores turísticos nacionais e portugueses terán a oportunidade de coñecer esta fin de semana a oferta turística de Santiago de Compostela e participar nunha xuntanza de traballo cos axentes turísticos, hostaleiros e da restauración compostelá para ter información de primeira man sobre os servizos que prestan, grazas a unha viaxe de familiarización turística organizada por Turismo de Galicia.
Nesta viaxe, coa que colabora a Asociación de Empresarios de Hostalaría de Santiago de Compostela e Comarca, os operadores turísticos convidados visitarán os principais recursos turísticos da cidade, así como establecementos hostaleiros e de restauración.
Logo da xuntanza de traballo, que terá lugar ás 9.30 horas do sábado no Hostal dos Reis Católicos, os visitantes achegaranse ata a catedral para ver en funcionamento o Botafumeiro e subir ás cubertas da basílica.
Centro histórico
Durante a tarde do sábado, os operadores turísticos nacionais e portugueses realizarán un tour turístico polas principais rúas do centro histórico compostelán.
O domingo 1 de xuño, visitarán a Cidade da Cultura de Galicia e desprazaranse ata A Estrada para visitar o Pazo de Oca. Xa pola tarde, regresarán aos seus lugares de orixe.
Os operadores turísticos que participarán nesta viaxe de familiarización organizada por Turismo de Galicia son: Set viatges, Iberrusia travel, Iltrida viatges, Ola travel, 747 viatges, País mágico, Viajes San Cecilio, Century incoming, Viajes Greco, Lexi tours, Activa caminos naturales, Mapaplus, Tui España Turismo, Viajes ruta solar, Ter travel, Viagens Abreu, Pinhal tour, Esobur e Pisa mundo.