ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
As crises persoais, polas que todos pasamos nalgún momento da vida, poden acabar sendo unha oportunidade para medrar. Comentamos o tema esta semana co psicólogo José Barcia Tuccelli.

Coñecernos mellor e tamén o entorno que nos rodea. A iso nos axudan os momentos complicados da vida, todos imos pasar por diferentes crises, problemas de parella, de saúde ou de traballo. “Non é cuestión de que as vaiamos buscando, os problemas van aparecer na vida, se traballamos coas ferramentas oportunas podemos saír reforzados”, explica Barcia Tuccelli que lanza unha mensaxe alentadora pero insiste en que “poden ser oportunidades se traballamos coas ferramentas oportunas, se non pode ser que saiamos resentidos”. Destaca tamén que o enfoque positivo non é inxenuo senón realista. “Ata nas peores situacións temos posibilidade de escoller, de decidir”.
Publica o teu comentario agora