Oportunidade perdida

Oportunidade perdida
27 de Abril, 2026 - 12:38 h. | Publicada por Radio Fene

Non puido aproveitar a ocasión de xogar once contra dez o Perlío B. Na Segunda Futgal.  A Capela 1–0 Perlío B. Adiantáronse os locais no minuto 7 e xa non se moveu o marcador. “Oportunidade enorme desaproveitada”, laiase o adestrador do Perlío B, Gonzalo Beceiro. 

ESCOITA O PODCAST:

Nun campo máis pequeno, dunhas dimensións que non facilitan o xogo moi aberto, foi un partido “igualado e disputado”, explica Gonzalo Beceiro, que atribúe o gol “a un erro noso de concentración, un saque de esquina que non defendemos ben”. Dúas faltas consecutivas sobre Pocho, sancionadas con tarxeta amarela, provocaron a expulsión dun xogador do Capela. Os locais quedaron en minoría, pero o Perlío B non tivo a sorte de cara. “Tivemos algunha opción polo menos de empatar, pero non fomos quen de meter gol”, comenta o preparador, que non tira a toalla. “A seguir traballando a ver se somos capaces de reverter a situación e gañar esta semana”.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora