Oportunidades do moble e antigüidades na Estrada

Oportunidades do moble e antigüidades na Estrada

17 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O recinto feiral de A Estrada (Pontevedra) volve abrir as súas portas este venres dia 18 de Marzo ás 16:00 horas. Cincuenta expositores de Mobles e Antigüidades daranse cita no recinto feiral estradense até o domingo. Por unha banda os pavillóns 3,4 e 5 volverán estar ocupados polos expositores da Feira de Oportunidades do Moble e no pavillón 6 terá lugar unha nova edición da Feira de Antigüidades e Cousas Curiosas.

Na Feira de Oportunidades do Moble ,poderase ver unha mostra totalmente  renovada respecto ao fin de semana anterior. Os expositores presentes na mesma substituíron os stocks vendidos. Deste xeito  ofrecerán  uns produtos diferentes aos do fin de semana anterior e tratarán de sorprender gratamente aos potenciais visitantes da mostra tanto aqueles que repitan como aos que acudan por primeira vez. Os descontos nos produtos expostos oscilan entre o 30% - 80% , mobles de gran calidade a prezos de custo.

Na Feira de Antigüidades poderemos ver entre outros  obxectos :mobles,libros,vaixelas,radios antigas, teléfonos,cámaras fotográficas,motos,bicicletas ,etc.Pezas únicas, orixinais e con moita historia a prezos moi interesantes. Entre os expositores presentes na mostra, o 36% son da Coruña, 24% de Pontevedra, o 12% de Lugo,o 8% A Estrada,8% Ourense,8% fose de Galicia e 4% de Portugal.

A entrada ao recinto é gratuíta. A mostra permanecerá aberta co seguinte horario:

Venres : 16:00 - 20:00 h.

Sábado : 10:00 - 20:00 h.

Domingo : 10:00 - 20:00 h.

Sociedade