Oportunidades en Fene

Oportunidades en Fene
28 de Febreiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Outlet do comercio local de Fene. O Concello organiza para a vindeira fin de semana un outlet en colaboración coa Asociación O Cruceiro de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene. Venres, sábado e domingo. Coa participación de 23 establecementos.

ESCOITA O PODCAST:
Outlet Fene. Setembro 2022

O Concello implícase na dinamización do pequeno comercio e o tecido empresarial de Fene coa organización desta feira de oportunidades. “Apoio ao cen por cento a todas as iniciativas dos negocios locais que dan vida a Fene e nos benefician a todos”, afirmou a concelleira de Promoción Económica, Angeles Coira, que animou a toda a veciñanza a aproveitar estas ofertas. Roupa, calzado, agasallos, prendas deportivas e moito máis a prezos moi rebaixados. Todo tipo de oportunidades se ofrecerán nesta feira do comercio local. Terá lugar os días 3, 4 e 5 de marzo. Horarios: Venres de dez a unha e media e de cinco a oito. O sábado, de dez a dúas e de cinco a oito. E o domingo pola mañá, de dez a dúas. A concelleira informou tamén de que os tres días haberá animación de rúa con Airiños de Fene. 

 

Fotografía: Xan Xe (Outlet Fene. Setembro 2022)

Sociedade

Publica o teu comentario agora