Oportunidades en Fene

Oportunidades en Fene
04 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Vintetres establecementos de Fene participan no Outlet do comercio local que se prolongará ata o domingo a mediodia. O Concello organiza o evento en colaboración coa Asociación O Cruceiro de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene. Venres, sábado e domingo. Anuncianse grandes oportunidades e animación musical nas rúas..

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

O Concello implícase na dinamización do pequeno comercio e o tecido empresarial de Fene coa organización desta feira de oportunidades. “Apoio ao cen por cento a todas as iniciativas dos negocios locais que dan vida a Fene e nos benefician a todos”, afirmou a concelleira de Promoción Económica, Angeles Coira, que animou a toda a veciñanza a aproveitar estas ofertas. Roupa, calzado, agasallos, prendas deportivas e moito máis a prezos moi rebaixados. Todo tipo de oportunidades se ofrecerán nesta feira do comercio local. Prolóngase ata o domingo. Horarios: Venres de dez a unha e media e de cinco a oito. O sábado, de dez a dúas e de cinco a oito. E o domingo pola mañá, de dez a dúas. A concelleira informou tamén de que os tres días haberá animación de rúa con Airiños de Fene. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora