A oposición acusa á Xunta de falsificar os datos reais dos incendios forestais

A oposición acusa á Xunta de falsificar os datos reais dos incendios forestais

18 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Este ano a tradicional lea política arredor dos datos dos incendios forestais prendeu cedo. Xunta e oposición acúsanse mutuamente de mentir sobre os datos da superficie forestal calcinada no que vai de ano e que ten no incendio do concello ourensán de Bande, iniciado logo dunha queima preventiva feita por servizos do Goberno, o principal foco de conflito. O director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, asegurou en comisión

Precisamente, a inicios do pasado mes, o 8 de abril, ardía o monte en Bande, queimando 475 hectáreas de monte, segundo os datos que achegou o Goberno autonómico. Porén, a oposición acusou a Fernández-Couto de "falsificar" a medición, elevando os estragos ata unha superficie de 700 hectáreas. A deputada nacionalista Tareixa Paz asegurou que a Xunta está a realizar unha fraude no cálculo de entre o 30 e o 40 por cento para ocultar a neglixencia na súa xestión, dato que tirou dun informe da Universidade de Santiago. Afirmou que o propio departamento de Montes impediu a axentes forestais e técnicos realizar "medicións perimetrais" argumentando que se realizarían posteriormente con helicópteros. A socialista Sonia Verdes abundou nas críticas salientando que a Xunta limita a conta porque non contempla que o lume de Bande se propagou ata o concello veciño de Verea.

O responsable da política forestal da Xunta rexeitou as acusacións das forzas da oposición e teimou en que as medicións do Goberno son óptimas e se fixeron tendo en conta o perímetro total do incendio e que, mesmo así, a superficie arrasada non chegou ás 500 hectáreas.

Institucional