A oposición demanda ao goberno local de Fene celeridade na constitución do Consello Escolar Municipal

A oposición demanda ao goberno local de Fene celeridade na constitución do Consello Escolar Municipal

08 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

De mero trámite. Así pódese resumir o primeiro pleno ordinario do Concello de Fene celebrado onte á tarde. Todos os puntos da orde do día aprobáronse por unanimidade da corporación municipal. Os asuntos a tratar xiraron arredor da anulación de acreedores por obrigas recoñecidas e de dereitos pendentes de cobros de exercicios, xa precritos. Foi no apartado de rogos e preguntas onde se xerou máis debate, aínda que PSOE&n

No capítulo de rogos e preguntas o voceiro do PSOE, Iván Puentes, demandou dos populares unha rápida constitución do Consello Escolar Municipal. “Faise obrigado máis que nunca este órgano ante os problemas que están a afectar ás escolas de ensino público do concello como ao CEIP de Barallobre”, sinalou o voceiro socialista. Puentes tamén requiriu celeridade na constitución da Mesa de Contratación para axilizar os trámites da realización de futuras obras.

Pola súa banda, o voceiro do BNG, Manuel Polo, inquiriu ao goberno muncipal sobre o grao de cumprimento dos acordos adoptados sobre o ensino no primeiro pleno extraordinario desta nova lexislatura. A este respecto o alcalde, Gumersindo Galego, respondeu que solicitara unha xuntanza, vía fax e por teléfono, cos responsables de educación sen obter resposta algunha. O nacionalista tamén preguntou pola limpeza dos areais feneses tras o recorte que se fixo neste eido. Ademais pediu que se controlen os traballos da EDAR de San Valentín que están a provocar destrozos en zonas verdes cercanas ás obras.

Neste primeiro pleno ordinario tamén fixo acto de presenza, como noutros anteriores, o veciño fenés Fernando Manso. Este reclamou ao alcalde unha solución a un problema de augas entre a súa propiedade e outra colindante que arrastra dende hai anos. Manso laiouse da inoperancia do goberno de Iván Puentes á hora de atender o seu caso e gabouse de que o grupo socialista se atopara agora na oposición. Ademais felicitou ao grupo do BNG pola súa coherencia ao non pactar co PSOE para formar un goberno bipartito e ao PP deulle unha marxe de confianza. Gumersindo Galego prometeu visitar a finca de Manso o vindeiro luns pola mañá para albiscar unha posible solución a súa problemática.

Institucional