ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hai dúas maneiras de enfrontar os problemas. Sen facer nada, agardando a ver se alguen os arregla ou se arranxan sós, e de maneira activa, buscando algunha solución. Ser pasivo non axuda, como explicou esta mañá o psicólogo José Barcia no espazo Vilanova de A Fenestra de Radio Fene.
As persoas optimistas saben que sempre é posible facer algo. E viven no presente. Porque ser positivo non é o mesmo que ser inxenuo, remarcou Barcia. Estar ben é moi subxectivo. Depende de moitos factores e da persoa. Hoxe en día tamén respondemos moitas veces que estamos ben, cando en realidade non o estamos, por non dar de que falar, ou porque realmente non estamos mal. Pero, que é estar ben? O recoñecido psiquiatra español e profesor de Psiquiatría da Universidade de Nova York Luís Rojas Marcos ven de publicar o libro 'Estar ben aquí e agora'.
Publica o teu comentario agora