ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un total de 12 prazas de aparcamento en zona azul, zonas de carga e descarga no casco urbano, novas prazas de discapacitados e remozamento das prazas en batería na rúa do concello de Fene. Esta semana quedarán listas. Poranse en funcionamento cando se instale a sinalización vertical.

O concello de Fene está a pintar esta semana as prazas de hora e zonas de carga e descarga no centro urbano de Fene. A Avenida de Naturais xa loce unha zona de carga e descarga á altura do supermercado Gadis e as prazas de zona azul á altura de Abanca. Diante da casa do concello pintaranse esta mañá as prazas de zona azul e tamén se procederá a ampliar as prazas de aparcamento normal en batería despois de que os usuarios manifestasen as súas queixas pola estreitez dos espacios que provocaban que non se aparcase de forma correcta.
Esta semana quedarán pintadas as zonas de carga e descarga e as doce prazas de zona azul repartidas entre as Avenidas Naturais e Marqués de Figueroa e a rúa do Concello. Nestas últimas o tempo de aparcamento será aproximadamente dunha hora. O dato está pendente da ordenanza, así como a canto ascenderá a multa pola infracción da norma. En todo caso, a concelleira responsable de Tráfico no concello de Fene, Rocío Bértoa, explica que as novas prazas non entrarán en funcionamento ata que non se coloquen os correspondentes sinais verticais indicando a nova situación.
Comentarios
Hola. Me gustaría saber si el
Publica o teu comentario agora