ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Orfeón Caixa Galicia “Terra A Nosa “ actuará hoxe no Auditório Municipal de ordes dentro da programa de actos previstos para este nadal pólo concello. A partir das nove da noite e baixo a batuta de Miro Moreira, ofrecerán un repertorio con cancións moi variadas.
No concerto o orfeón “Terra A Nosa “ tocará desde composicións tradicionais galegas ata cancións brasileiras ou mesmo temas de xénero operístico. Escoitaranse panxoliñas, como non podía ser doutro xeito nestas datas.
Dende o departamento de Cultura do Concello de Ordes, dirixido por Xosé Ramón Vázquez Raña, animan a todos os veciños a que participen nesta iniciativa. Como explicou o concelleiro, “a música será a protagonista, contando ademais coa actuación deste grupo de coñecido prestixio que achegará a Ordes o mellor do seu repertorio”.