ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A biblioteca de Ordes celebra o Día do Libro coa sesión de monicreques ‘A casiña de chocolate’. Aínda o venres haberá nova cita cos contos e lendas.
A biblioteca municipal de Ordes celebrará o vindeiro mércores 23 de abril, Día do Libro, cunha xornada na que os nenos e nenas a partir de 4 anos de idade son os principais protagonistas. Dende as 18.30 horas, e completamente de balde, quen o desexe poderá desfrutar do espectáculo de monicreques ‘A casiña de chocolate’.
Non será a única cita para a vindeira semana xa que como é habitual o último venres de cada mes terá lugar unha nova cita das Tardes de contos e lendas. Nesta ocasión ofrecerase o relato ‘Conto contigo’. Novamente a hora do encontro está posta para as 18.30 horas.