Ordes comparte coche

Ordes comparte coche

02 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes pon en marcha unha nova campaña dirixida aos seus veciños e veciñas a través do departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible que dirixe o edil José Luis Gómez Candal. Baixo o título “Comparto Coche” o concello pon a disposición dos veciños e veciñas un servizo que facilita o encontro de persoas que estean interesadas en compartir vehículo para realizar traxectos

A través desta iniciativa, preténdese que compartindo coche se reduzan o número de vehículos que circulan polas estradas, disminuir os atascos, o consumo enerxético e a contaminación, ademais de que os participantes poidan aforrar combustible.

Todos aqueles que estean interesados en participar nesta campaña poden recibir máis información e inscribirse no departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible do Concello, chamando ao teléfono 981680002 ou ben a través do perfil de facebook “Medio Ambiente Ordes”, no que poderán encontrar ademais outras actividades e iniciativas que leva a cabo o Concello en materia de medio ambiente.

Os participantes cubrirán unha ficha facilitando os horarios e percorridos que estarían interesados en compartir con outros usuarios, servindo así o Concello como intermediario para poñer en contacto a todos aqueles que coincidan en destino e hora para compartir vehículo.

Dende o Concello animan aos veciños a que participen nesta iniciativa.

Sociedade