ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O municipio ordense deu por finalizado un curso enmarcado dentro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Concretamente trátase dun curso de socorrista acuático, que foi totalmente gratuíto para os participantes, e que daba comenzo o pasado 19 de xullo. No mesmo participaron 15 persoas que realizaron tanto clases prácticas na piscina cli
O curso de socorrista acuático sumouse a outros cursos dirixidos a desempregados que todavía se están a realizar no municipio e cos que o Concello de Ordes pretende combater o desemprego a través da formación dos seus veciños e veciñas. É o caso dun curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio no que están participando outros 15 desempregados, enmarcado tamén na programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e que ten lugar en Mesón do Vento.
Tamén dirixido a desempregados, o municipio ordense está levando a cabo un curso sobre enerxía térmica, enmarcado dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación. Neste curso que deu comenzo o pasado 14 de xuño, e no que participan 18 persoas ensínase aos participantes a montaxe, a posta en servizo, operación e mantemento das instalacións solares térmicas. Un curso que serve ademais aos participantes como apoio para conseguir o certificado de profesionalidade.
Con estas iniciativas o Concello de Ordes, tal e como explicou o seu alcalde, Manuel Regos, aposta unha vez máis pola formación para facilitar a incorporación ao mercado laboral das persoas desempregadas, “cremos que nun momento de crise e desemprego como o que está vivindo o país a formación dos nosos desempregados é a mellor das iniciativas para facilitar a súa incorporación ao mundo laboral, dándolles unha ferramenta máis para conseguir un posto de traballo”.