Organización do Concello

Organización do Concello
06 de Xullo, 2023 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pleno extraordinario do Concello de Fene este xoves. Convocouno o alcalde, Juventino Trigo, para que a Corporación decida sobre a organización da actividade municipal no novo mandato. Falamos co rexedor en Radio Fene dos primeiros movementos do novo mandato municipal. 

ESCOITA O PODCAST:

“Non hai que cambiar o que funciona”, declarou o alcalde ao explicar que son mínimos os cambios na organización do traballo municipal. Bota andar a nova Corporación de Fene coa celebración do Pleno de organización, convocado para as 9 da mañá deste xoves, día 6. Ademais da constitución dos grupos políticos, o alcalde informará das súas resolucións sobre o nomeamento de tenentes de alcalde, a Xunta de Goberno Local, as áreas nas que se organiza o Goberno e as competencias que delega nos concelleiros e concelleiras que forman o seu equipo de Goberno. No Pleno tamén se acordará a periodicidade e datas das sesións plenarias e das Comisións informativas, ademais de aprobar o réxime de dedicacións e retribucións. 

Institucional

Publica o teu comentario agora