As organizacións agrarias aúnan esforzos en defensa do sector lácteo

As organizacións agrarias aúnan esforzos en defensa do sector lácteo

16 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os Sindicatos Agrarios Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego, ademais da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, ratificaron en Santiago un pacto incondicional de unidade de acción en defensa do sector produtor lácteo galego. O acordo foi subscrito no decurso dunha longa xuntanza á que acudiron os principais dirixentes das catro organizacións para analizar a situación pola que est

A reunión, realizada en réxime de autoconvocatoria para buscar solucións que eviten o peche de miles de explotacións gandeiras, serviu para achegar o impulso dun acordo estatal en defensa dos produtores lácteos. Nese sentido, determinouse contactar de inmediato con todas as comunidades produtoras de leite, especialmente as pertencentes á Cornixa Cantábrica, para adoptar as mesmas medidas en todo o Estado. A vontade de conseguir unha unidade de acción é un dos obxectivos desta acción conxunta.

Por outra banda, diante do problema suscitado polas importacións e a práctica da competencia desleal (dumping), aunaranse tódolos esforzos para evitar que sigan entrando no país produtos lácteos ou derivados por baixo do prezo do seu costo. Sobre os prexuízos que as importacións están a ocasionar aos gandeiros galegos, as organizacións reunidas acusaron ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de actuar como se non lle importara a súa ruína.

Desde os sindicatos labregos reiterouse o seu desencanto coas medidas gobernamentais para “preservar aos consumidores, á distribución e ás industrias, a costa de que os gandeiros saian arruinados”. U.U.A.A., X.X.A.A., S.LG. e AGACA porán especial énfase na vixilancia da distribución, á que acusan de ser a máxima responsable da actual situación.

Por outra banda, consideraron intolerable a falta de compromiso do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino xa que, na súa opinión, o departamento dirixido pola socialista Elena Espinosa desentendeuse da situación e convidou aos afectados a que sexan eles mesmos quenes denuncien o dumping. As organizacións reunidas lembraron que a ministra ten a obriga de defendelos e de instar ao Tribunal de Defensa da Competencia a que actúe de oficio diante dunha conxura das industrias, consistente en alterar o prezo que pagan aos produtores aproveitándose da ilegal práctica do dumping.

Sociedade