Orgullosa do equipo

Orgullosa do equipo
16 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Plantoulle cara o Maniños ao segundo clasificado no partido da Segunda División Galega disputado o domingo no Pote, pero non foi posible a vitoria fronte ao Pastoriza. Maniños 1-3 Pastoriza. A adestradora Noelia Leiras séntese orgullosa do compromiso das súas xogadoras.

ESCOITA O PODCAST:

“Dar a noraboa ao meu equipo, plantaron cara ao segundo clasificado e xogamos media hora con dez contra un equipo esixente, estou moi orgullosa deste equipo e quero mandar ánimo ás lesionadas, esperemos que todo quede nun susto”, declarou Noelia Leiras. Esta semana toca preparar a semifinal de Copa que xogarán nos Pinares contra o Perlío. “Sabemos que é un campo difícil pero confío no meu equipo e sei que van ir a por todas. Esperemos traer a alegría ao Pote, chegar á final creo que o merecemos”.

Deportes

Publica o teu comentario agora