ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O equipo feminino do Perlío foi quen de chegar á final da Copa. Un meritorio reto nunha tempada longa e sen descanso. As xogadoras Sabela López e Ana Rodríguez compartiron a experiencia vivida en Radio Fene.

Orgullosas da experiencia e agradecidas ao apoio da afección e do club ás xogadoras do Perlío disputaron a II Copa Ferrol contra O Val. Ao final impúxose a lóxica superioridade dun equipo con máis experiencia e de superior categoría. Sen tempo para o descanso, na penúltima xornada da Liga, o domingo 25 o Perlío reciben nos Pinares ao líder do grupo, o Unión Campestre, que so perdeu tres partidos no que vai de competición. Saben que o Unión Campestre virá a por todas para gañar a Liga, pero confían en sacar rédito da experiencia vivida contra O Val.
Publica o teu comentario agora