ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Orgullosos, agradecidos e moi contentos. Así se senten os feneses Édgar Vigo e Fátima Ameneiro logo do recoñecemento que lles deu o sábado a Federación Española de Automobilismo polos seus logros internacionais.
Fátima Ameneiro e Édgar Vigo son dous deportistas de alto nivel de Fene que loitan nas carreiras e tamén para obter o financiamento preciso para competir, sumando ao pendente da temporada pasada novos recursos para a próxima. Na Gala de Campións de 2024 celebrada en Madrid recibiron o recoñecemento da Federación Española de Automobilismo Fátima Ameneiro gañou este ano o Campionato de Europa de copilotos do FIA European Rally Trophy e Édgar Vigo logrou o seu segundo subcampionato na mesma competición.
Publica o teu comentario agora