ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Mirar ao ceo nunha noite de verán estrelada sempre causa admiración. Observar a chuvia de estrelas, as Perseidas, que nos asombran cada mes de agosto, é un plus. Este ano prevese que serán máis visibles durante as madrugadas entre os días 11 ao 13. E para quen non poida velas sempre quedará a posibilidade de visitar a Galaxia Imaxinaria, no parque Castelao de Fene, por onde nos guiou a técnica da Oficina de Turismo do Concello de Fene, Estefanía Purriños.
Desde 2009 podemos visitar en Fene un espazo lúdico que fomenta o coñecemento do medio e o imaxinario. Un universo no que cada planeta simboliza algo: as linguas, o humor, as lendas e os seres míticos… Tamén o Po de Estrelas dedicado á Vía Láctea, que guía aos peregrinos. A Galaxia Imaxinaria e o Monumento ao Pallaso están no Parque Castelao. O Monumento ao Pallaso é obra do escultor e ceramista fenés Pérez Porto. Foi impulsado por unha comisión de veciños liderada por Xaquín Marín e inaugurado en 2001 para homenaxear unha das máis fermosas profesións do mundo. O parque Castelao ocupa parte da gran finca de Cela que chegaba ata onde está a oficina de Turismo, na curva do Mercado, porque aí estivo o Mercado municipal. Eses terreos foron cedidos ao Concello para usos públicos. Na propiedade levantábase a casa de veraneo da familia do militar Cela, construída no 1935 sobre unha edificación anterior.
Publica o teu comentario agora