Orixinal protesta dun funcionario de Fene para reclamar atrasos

Orixinal protesta dun funcionario de Fene para reclamar atrasos

19 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un funcionario do concello de Fene, Tomás Corral, membro da Policia Municipal, protagonizou esta mañán un orixinal acto reivindicativo. Pagóu o importe da taxa do rodaxe do seu veículo con moedas de 5 céntimos.

O motivo? Protestar porque, segundo declarou a radiofusión, o concello lle adebeda dous trienios, unha irregularidade que afecta a maís traballadores; os 140 euros do fondo social, que non se pagóu aínda a ningun traballador e un 30% da equiparación salarial polo cambio de categoria laboral.

O funcionario fenés presentouse na oficina de cobros, portando nun caldeiro 1.110 moedas de cinco céntimos para satisfacer o pago da rodaxe que ascende a 55 euros e medio. Unha maneira solitaria pero eficaz de protestar. Finalmente acabou pagando en billetes por non entorpecer a outros cidadáns que facían cola para pagar a taxa no ultimo dia do prazo estipulado e para que non se viran obrigados a pagar o luns, fora de prazo,  co recargo do 20%.

Sociedade