Orixinal ruta gastronómica e musical

Orixinal ruta gastronómica e musical
03 de Agosto, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Unha orixinal ruta gastronómica e musical abrirá as festas de Perlío o venres oito  de agosto. A Batucada Badabum Sorpresa animará o percorrido que comenzará as sete da tarde no Cafe Bar Bombay, na rúa da Fraga. Visitarase o Arrecendo, Canosa, Ramos, O Son de Cociña, Tivoli, Fussion e Tarabela, para rematar no campo da festa. Bailarase e tomarase un refrixerio en cada un dos locais  Ese venres oito, a festa continuará co grupo Pekados que farán un pase único orientado a xente maior e de mediana idade. Para a xuventude haberá despois música marchosa con catro horas da Discomobil Chocolate. 

Fotografia Xan Xe

A Comisión de festas de Perlío tamén anuncia o gran sorteo dun carro de produtos valorados en 2000 euros. Gañará  a rifa que coincida coas catro últimas cifras do cupón da ONCE do 16 de agosto. O prezo da rifa é un euro.Festas de Perlio, oito, nove e dez de agosto.

Sociedade

Publica o teu comentario agora