Orozco renuncia para que o PSdeG poida gobernar Lugo

Orozco renuncia para que o PSdeG poida gobernar Lugo

11 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

A cidade de Lugo terá alcalde socialista o sábado, mais por vez primeira dende 1999 non será José Clemente López Orozco. O candidato a revalidar a Alcaldía polo PSdeG cedeu á presión e renunciará á súa acta de edil. Acepta así a condición sine qua non que Lugonovo e BNG formularon para apoiar un novo goberno socialista na capital prov

O alcalde saínte declarou emocionado nunha rolda de prensa que decidíu a súa renuncia no serán deste mércores e que marcha pola actitude dos outros partidos que "leva a sacrificar a presunción de inocencia". Ao igual que en ocasións anteriores laiouse de que pasase moito tempo dende a súa imputación sen que se lle dese unha solución ao caso. Malia o ruxerruxe de que podería ter reservado un asento no Senado, López Orozco negou que fose cambiar "un cargo por outro".

Na sesión de investidura do sábado para escoller alcalde en Lugo, o PSOE, que conta con oito edís, poderá contar co apoio de Lugonovo (tres representantes) e do BNG (dous edís). Péchaselle así a porta ao Partido POpular, cuxo candidato, Jaime Castiñeira, albiscaba a posibilidade de gobernar en minoría cos seus nove concelleiros se non se producía unha alianza do resto de forzas. De resultar escollida Lara Méndez como nova rexedora, ao PSdeG quédalle un baleiro que cubrir na Presidencia da Deputación Provincial, cargo que semellaba reservado á propia Méndez.

Institucional