ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Orquestra Nova Filarmónica de Colonia, unha agrupación camerística creada nos anos 70, presentase diante do público ferrolán no concerto que ofrecerá o vindeiro xoves, 25 de xuño, ás oito e media da tarde, no Teatro Jofre.
A actuación está promovida polo concello en colaboración coa Sociedade Filarmónica Ferrolá. As entradas, a prezos de 18, 15 e 12 euros dependendo da localización das butacas, están xa á venda na páxina web e na taquilla do teatro.
O programa do concerto inclúe obras de Vivaldi, Mozart e Tchaikovsky.Nova Filarmónica de Colonia nacía en 1972, nun momento no que en Alemaña estaban a xurdir outras moitas formacións co fin de agrupar a músicos noveis. Trinta e sete anos despois do seu nacemento, a orquestra tense convertido nunha formación con personalidade e estilo, na que se funden experiencia, estilo e madurez. A agrupación interpreta obras mestras de música e intenta captar o interese pola música clásica de persoas que non están interesadas neste estilo. Músicos de diferentes países atopan na Nova Filarmónica de Colonia a súa “patria musical”. Dende 1990 profesionais dunhas 50 nacionalidades pasaron polas súas filas.Así mesmo, dende hai máis de dez anos, a Orquestra Nova Filarmónica de Colonia obtivo un grande éxito nas salas de concertos máis importantes de Alemaña e Europa.
Ao Teatro Jofre chegan cun programa de primeiro nivel. De Vivaldi interpretarán “As Catro Estacións”; de Mozart, o “Concerto para clarinete e orquestra KV 622” , e de Tchaikovsky, o “Sexteto, Op. 70” titulado “Souvenir de Florence”. A formación autofinánciase ao non recibir subvencións estatais, un modo de traballar único cando menos no seu país natal, Alemaña.