A Orquestra Olympus, estrela da Festa Fin de Verán de Ares

A Orquestra Olympus, estrela da Festa Fin de Verán de Ares

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ares celebra, por segundo ano consecutivo, a Festa Fin de Verán. A cita terá lugar este sábado 19 de setembro a partir das dez e media noite. A Orquestra Olympus será a gran protagonista da celebración.

Tras o éxito acadado na o ano pasado na primeira edición, decidiuse dar continuidade a estas festas para dicir adeus ao estío. A afamada Orquestra Olympus arrufará a xornada na Praza da Igrexa a partir das dez e media, Será un broche de ouro a todo o programa festivo desenvolvido ao longo de todo o verán en Ares.

A cita coa orquestra Olympus, este sábado ás dez e media da noite na Praza da Igrexa aresana. A Concelleira de Cultura da vila, Ana María Fernández Coira, en declaracións para Radiofusión, salientou este dato porque nos dípticos informativos se anunciaba a actuación para este venres.

Sociedade