ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene vén de desvelar o cartel dunha nova edición da Festa de Ano Novo, que se celebrará na madrugada do 1 de xaneiro na Praza do Alcalde Ramón Souto, converténdose unha vez máis no epicentro da benvida ao novo ano para centos de veciñas, veciños e visitantes. A celebración dará comezo ás 01.00 h, cun gran concerto da Orquestra Origen, que ofrecerá un espectáculo pensado para todos os públicos. A continuación, será a quenda dun DJ, que animará a pista ata as 06.00 h.

Como broche final, ao remate da festa ofrecerase chocolate con churros a todas as persoas asistentes, mantendo así unha das tradicións máis queridas desta xornada festiva. Ademais, para maior comodidade, a carpa instalada na praza contará con barra e servizo de gardarroupa. A alcaldesa, Sandra Permuy, destacou que “a Festa de Ano Novo é unha das citas máis especiais do noso calendario, un momento para celebrar en comunidade e comezar o ano cheas e cheos de ilusión. Queremos que toda a veciñanza se achegue a compartir esta noite nun ambiente seguro, festivo e acolledor”. Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, subliñou que “apostamos por unha programación que dinamice o noso concello no Nadal, combinando tradición, cultura e participación social. A Festa de Ano Novo súmase así aos concursos de escaparates e de decoración de fachadas, balcóns e portais, que buscan implicar á veciñanza e ao comercio local na creación dun ambiente festivo único”. Desde o Concello lembran que os prazos de inscrición para ambos certames de Nadal permanecen abertos ata o 18 de decembro, animando a participar e contribuír a que Fene luza máis especial ca nunca nestas datas.
Publica o teu comentario agora