A orquestra Panamá actuará no Entroido de Fene

A orquestra Panamá actuará no Entroido de Fene
06 de Febreiro, 2025 - 12:35 h. | Publicada por Radio Fene

A orquestra Panamá arrufará unha verbena na Praza Ramón Souto de Fene o martes catro de marzo a partir das nove da noite. A actividade forma parte do ciclo do Entroido 2025 programado polo Concello de Fene, segundo se anunciou esta mañá. 

Fotografia Xan Xe

Abre o prazo de inscripción para as comparsas que queiran participar no desfile e festival de Entroido do mércores de cinza no Concello de Fene. As agrupacións interesadas en anotarse poderán facelo desde hoxe até ás 14.00 horas do luns 24 de febrero de 2025 no Rexistro Xeral do Concello de Fene. Os formularios de inscrición están dispoñibles na web municipal www.fene.gal

 

A Concellería de Cultura avanza a programación do Entroido 2025 que terá lugar nas xornadas do martes 4 e mércores 5 de marzo (Mércores de Cinza, festivo local en Fene). O ciclo comezará o martes 4 de marzo a partir das 18.00 horas coa Festa Infantil a cargo de La Guagua e a tradicional merenda con reparto de lambetadas, coa axuda da AC O Tadetas, para todos os nenos e nenas que se acheguen disfrazados. Para rematar, e a partir das 21.00 horas, comezará a actuación da orquestra Panamá.

 

As actividades do Entroido continuarán o mércores día 5 de marzo coa concentración de comparsas ás 17.30 horas na rúa San Salvador (Pista Polideportiva do CCRD Perlío), para iniciar un percorrido polas rúas San Salvador, Marqués de Figueroa, Cruce de Fene, Avda. Naturais de Fene e rematar na Avda. do Concello. Ao chegar á Praza do alcalde Ramón Souto, terá lugar a actuación das comparsas, a lectura do Testamento (este ano realizado pola escritora, actriz e contacontos fenesa Paula Carballeira), a queima do Entroido e o espectáculo pirotécnico (desde o Parque Castelao).

 

Imaxe. Festas Perlío. Agosto 2024.

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora